Briogaphie

Journal

Journal (10)

Dossier

Dossier (5)

Blogs

Blogs (1)

martes, 25 de noviembre de 2014

25 de Novembro: LOITEMOS


Boas  noites!


Esta entrada vouna dedicar a tódalas mulleres do mundo, tanto as que están e as que non están porque hoxe é 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero ("violéncia de génere").

Cada vez que vexo os datos das mulleres asasinadas polos compañeiros sentimentais, ou ex-compañeiros sentimentais pásanme arrepíos por todo o corpo, e dende logo, cada vez que na miña vila (pequena, e como todos sabemos, nas vilas pequenas ou aldeas todo se sabe...) falan de que a "Fulanita" estivo en urxencias porque o mozo deulle unha labazada, o único que se me pasa pola cachola, e coller o desgraciado que o fixo e colgalo polos **** na oliveira do medio da vila.

Para todos eses homes que pensan:
1. As mulleres son o sexo débil
2. As mulleres só serven para limpar, parir e criar os/as fillos/as
3. As mulleres non saben conducir: "muller tiñas que ser".
4. As mulleres non merecen respecto ningún xa que somos máis fortes.

Espero que non vos crucedes no meu camiño, porque ía manter unha conversa longa e tendida convosco. (aínda que non me serva de moito, porque algúns sondes uns desequilibrados mentais, e quizáis so perda o tempo...pero polo menos íades saber o que é bó, como di a miña avoa).


Para rematar, déixovos un vídeo sobre o tema. Creo que é sinxelo de entender e dende logo moi descriptivo.


Por certo, gustaríame aclarar, que tamén pode darse o caso ó revés, e ser un home o maltratado ou asasinado...pero ata o momento non é o habitual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario